Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Quen somos

Menú secundario

Fin do menú secundario

  1. Inicio
  2. Quen somos
  3. Sobre CHC Energía

Sobre CHC Energía

Comeza o contido principal

Sumamos experiencia

CHC Energía nace en 2009, como froito da asociación de dúas organizacións que se complementan para crear unha compañía líder.

Sinxelamente, moi preto.

CIDE SERVICIOS COMERCIALES, compañía que agrupa as actividades comerciais de máis de 200 pequenos distribuidores de electricidade, que achegan proximidade ao cliente, experiencias no trato humano e excelencia no servizo. Un servizo continuado e recoñecido polos veciños das poboacións nas que levan décadas proporcionando enerxía aos fogares, negocios e industrias.

Grupo EDP, empresa presente en toda a cadea de valor do sector da electricidade e o gas, lidera os índices españois de satisfacción dos clientes. A compañía, cuxas orixes se remontan a comezos do século XX, achega a súa experiencia desde o inicio do mercado liberalizado en 1998 na venda de enerxía, o acceso á enerxía eléctrica competitiva e á tecnoloxía de xestión de clientes máis avanzada.

Unha nova compañía

Desta fusión, nace unha nova compañía, CHC Energía, coa forza da mellor atención aos seus clientes de sempre, coa máxima experiencia en comercialización e con ofertas altamente competitivas. Porque queremos permanecer ao teu lado. Sinxelamente, moi preto.

CHC en cifras

Actualmente CHC cuenta con máis de 150 oficinas, está presente en máis de 1.600 poboacións y tiene máis de 450.000 clientes.

 

Fin do contido principal