Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

  1. Inicio
  2. Ofertas e Tarifas eléctricas
  3. Tarifa de Discriminación Horaria

Tarifa de Discriminación Horaria

Comeza o contido principal

Gran cantidade de fogares españois optaron por contratar as tarifas eléctricas con discriminación horaria de CHC Energía, unha alternativa que pode resultar conveniente para o teu aforro no orzamento familiar.

Este tipo de tarifas establece prezos diferentes en función do horario. As tarifas eléctricas con discriminación horaria contan cun período de consumo Punta e un Val.

Como se implementan estas tarifas eléctricas con discriminación horaria?

Os horarios das tarifas eléctricas Punta e Val varían segundo a época do ano, adaptándose ao cambio de hora establecido en España. O horario de verán inclúe os meses de abril até outubro, e o horario de inverno desenvólvese desde novembro até marzo.

Segundo as tarifas contratadas, as horas de Punta e Val distribúense do seguinte xeito:

Para tarifas 2.0DHA ou 2.1DHA:

Horario de inverno

  • Punta: Abranguida entre a 12:00 até as 22:00 horas.
  • Val (Prezo reducido): Desde as 22:00 horas até a 12:00 horas.

Horario de verán

  • Punta: Abranguida entre a 13:00 até as 23:00 horas.
  • Val (Prezo reducido): Desde as 23:00 horas até a 13:00 horas.

 

É rendible contratar o sistema de tarifas eléctricas con discriminación horaria?

Pode ser aconsellable sempre que polo menos un 30% do consumo se realice dentro do horario Val da tarifa eléctrica.

Como sacarlle o maior proveito ás tarifas eléctricas con discriminación horaria?

A forma máis eficiente é organizar as actividades que impliquen maior uso enerxético seguindo unhas sinxelas pautas. Por exemplo, nun fogar, recomendámosche:

  • Utiliza a lavadora, a secadora e o lavalouzas dentro dos horarios con tarifas eléctricas reducidas. Con estas accións poderías chegar a conseguir até un 40% de aforro no teu consumo eléctrico.
  • Cociña polas mañás, nos horarios con tarifas eléctricas Val, xa que son máis económicos. Se traballas de luns a venres, aproveita as fins de semana.

Como contratar as tarifas eléctricas con discriminación horaria?

Contacta coa túa oficina comercial máis próxima e os nosos asesores poderán darche a atención personalizada que necesitas. Analizando os hábitos de consumo poderían aconsellarche sobre a tarifa que mellor se adapta ás túas necesidades e avaliar se a tarifa eléctrica de discriminación horaria é a opción máis adecuada para a túa subministración.

Atopa a túa oficina CHC máis próxima.

Fin do contido principal