Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Seguro tranquilidad

Comeza o contido principal

En CHC Enerxía queremos estar sempre moi preto de ti, estaremos ao teu lado mesmo nos momentos difíciles.

Por ser cliente de CHC Enerxía, beneficiaraste de forma totalmente gratuíta do noso Seguro Tranquilidade.

Qué cobre o seguro?

O noso Seguro Tranquilidade cobre determinadas situacións ou circunstancias non desexadas, cun importe de ata 750€ por cada contrato de subministración eléctrica que o cliente teña.

Que SITUACIÓNS ESTÁN CUBERTAS?

  • Desemprego involuntario, se es traballador con contrato indefinido. Beneficiaríaste de ata dous pagos de 375€ cada un.
  • Incapacidade temporal (baixa laboral) por enfermidade ou accidente,se es autónomo, funcionario, ou traballador por conta allea con contrato temporal. Beneficiaraste de ata dous pagos de 375€ cada un. Hospitalización por enfermidade ou accidente, se estás desempregado, es am@ de casa, estudante ou non traballas. Beneficiaríaste de ata dous pagos de 375€ cada un.
  • Incapacidade permanente absoluta por accidente, todos vós, con independencia da vosa profesión. Beneficiaríaste dun pago de 750€.
  • Falecemento por accidente todos vós, con independencia da túa situación laboral. Beneficiaranse dun pago de 750€. Beneficiaranse dun pago de 750€.

Para todas as situacións cubertas garantímosche ata 750€ por contrato de electricidade.

SE TE ATOPAS NALGÚN DESTES CASOS, CHAMA AO TELÉFONO GRATUÍTO: 900 848 847

SE A TÚA PREGUNTA É SOBRE O FUNCIONAMENTO DO SEGURO TRANQUILIDADE E NON SUCEDEU NINGÚN SINISTRO, CONTACTA CO TEU DELEGADO CHC ENERXÍA, PODERÁS ATOPAR O TELÉFONO NA PARTE SUPERIOR DA TÚA FACTURA. ESTAREMOS ENCANTADOS DE ATENDERTE.

Establécese un período de carencia inicial de 60 días para desemprego e 30 días para incapacidade temporal por enfermidade e hospitalización por enfermidade. Non aplica carencia para o resto de coberturas. Cobertura ata os 90 anos para falecemento accidental, e ata os 65 anos para o resto de coberturas.

Seguro grantido pola entidade aseguradora "CNP Partners".

Fin do contido principal