Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Aviso legal

Comeza o contido principal

Titular da web

O presente aviso legal regula o uso dos Servizos e Contidos que CIDE HCENERGIA, S.A., enténdase “CHC ENERGÍA”, con domicilio social en Madrid, C/ Capitán Haya 1 3ºSur 28020 Madrid, con CIF número A74255282, ofrece a través da URL www.chcenergia.es, enténdase "a web" ou "o sitio web". CIDE HCENERGÍA está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, no Tomo 26.537, Folio 67, secc. 8ª, Folla M-478238.

Condicións de acceso e uso

CIDE HCENERGÍA pon a disposición dos usuarios de Internet o sitio web www.chcenergia.es coa finalidade informar e dar a coñecer as actividades, produtos e servizos prestados por CIDE HCENERGIA. Os usuarios poderán acceder á web de forma gratuíta, aínda que algúns dos contidos e servizos do sitio poden requirir o previo rexistro do usuario segundo os termos que se detallen nas Condicións Particulares dos mesmos.

O acceso e/ou uso do sitio www.chcenergia.es atribúe a quen o realiza a condición de usuario e implica a súa conformidade de forma expresa, plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas nas condicións, advertencias e demais avisos legais contidos nas presentes cláusulas, así como, no seu caso, nas Condicións Particulares que poden complementalas, substituílas ou modificalas nalgún sentido en relación cos servizos e contidos da web. En consecuencia, o usuario debe ler atentamente e con detemento o presente documento na súa totalidade, no mesmo momento en que se propoña o uso do sitio web, dado que o mesmo pode sufrir modificacións.

O acceso a este sitio web non supón establecer ningún tipo de relación de carácter comercial entre CIDE HCENERGÍA e o usuario.

CIDE HCENERGÍA resérvase o dereito a actualizar, modificar, suspender temporalmente, eliminar ou restrinxir o contido e configuración da web en calquera momento, así como dos vínculos ou da información obtida a través dela sen necesidade de previo aviso e sen asumir por iso ningunha responsabilidade.

O usuario obrígase a utilizar os servizos e contidos conforme á lexislación vixente e principios da boa fe e costumes xeralmente admitidos, así como a non vulnerar coa súa actuación a través do sitio web a orde pública e, en especial, a non menosprezar ou atentar contra os dereitos fundamentais e liberdades públicas recoñecidos constitucionalmente e no resto da lexislación. CIDE HCENERGÍA non se fai responsable do mal uso que se realice da información e/ou servizos facilitados a través da web, sendo da exclusiva responsabilidade do usuario que accede a eles ou os utiliza indebidamente.

Protección de datos de carácter persoal

A visita a este sitio web non obriga o usuario a facilitar ningunha información sobre si mesmo. Porén, para utilizar algún dos servizos ou acceder a determinados contidos, os usuarios deberán proporcionar previamente certos datos de carácter persoal. Nestes supostos, o usuario garante que os Datos persoais facilitados son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.

No caso de que o usuario facilitase algunha información de carácter persoal, os datos recollidos neste sitio web serán tratados por CIDE HCENERGÍA, como responsable de ficheiro e segundo se indique en cada caso. Serán datos necesarios para a atención e seguimento das solicitudes e consultas dirixidas a través do sitio web, así como a xestión e prestación dos servizos relacionados coa subministración de enerxía e servizos complementarios de revisión e asistencia técnica, así como a participación en promocións, sorteos, concursos ou enquisas. O usuario será convenientemente informado no momento da recollida dos seus datos de carácter persoal, solicitando o seu consentimento en caso de que fose necesario de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (enténdase LOPD) e o seu Regulamento de desenvolvemento.

A empresa responsable do ficheiro unicamente cederá os seus datos cando sexa necesario para o desenvolvemento, cumprimento e control da relación establecida co usuario, así como nas circunstancias dispostas legalmente conforme á LOPD, segundo a información que se lle facilitará ao recoller os seus datos de carácter persoal. Calquera outra cesión de datos realizarase previa obtención do consentimento inequívoco outorgado pola persoa interesada.

En ningún caso poderán incluírse nos formularios contidos no sitio web datos de carácter persoal correspondentes a terceiras persoas, agás cando o solicitante teña obtido con carácter previo o seu consentimento nos termos esixidos polo artigo 5.4 da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, respondendo con carácter exclusivo do incumprimento desta obrigación e calquera outra en materia de datos de carácter persoal.

Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos legalmente, comunicándollo por escrito a CIDE HCENERGIA no seguinte enderezo: Seguridad de la Información, C/ Capitán Haya 1 3ºSur 28020 Madrid.

Medidas de seguridade

En aplicación do establecido no Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD, CIDE HCENERGÍA comprométese a cumprir as obrigacións de seguridade daqueles datos facilitados polos usuarios do sitio web, procurando establecer todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que o usuario facilite a través do mesmo. Sen prexuízo do anterior, o Usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

Propiedade intelectual e industrial

Esta web é propiedade de CIDE HCENERGÍA. O usuario recoñece e acepta que todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual industrial sobre contidos e/ou calquera outros elementos inseridos no sitio web (incluíndo, sen carácter exhaustivo, marcas, logotipos, nomes comerciais textos, imaxes, gráficos, rótulos, software…) son titularidade de CIDE HCENERGÍA, agás cando neles se indique que pertencen a outro titular. A descarga dos contidos e a copia ou impresión de calquera páxina desta web autorízase única e exclusivamente para uso persoal e privado do usuario, o cal non poderá reproducir, distribuír, transmitir, traducir, modificar total ou parcialmente nin usar en calquera forma ou por calquera medio o contido deste sitio de web con fins públicos ou comerciais, nin aínda citando as fontes, sen o consentimento expreso de CIDE HCENERGÍA. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos extraxudiciais ou xudiciais que no seu caso correspondan. CIDE HCENERGÍA non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co sitio web, os servizos ou os contidos do mesmo.

Exclusión de garantías e responsabilidades polo funcionamento do sitio web e dos seus servizos

O uso da web realízase baixo a exclusiva responsabilidade do usuario, non sendo CIDE HCENERGÍA en ningún caso responsable dos danos que puidesen ocasionarse nos sistemas informáticos dos usuarios derivados do acceso, uso ou mala utilización dos contidos da web, da información adquirida a través desta, de virus informáticos, de fallos operativos ou de interrupcións no servizo ou transmisión.

CIDE HCENERGÍA declina expresamente calquera responsabilidade ante calquera dano ou perda que o usuario poida sufrir por erro, defecto ou omisión na información contida nas páxinas desta web. O usuario exonera CIDE HCENERGÍA de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, utilidade ou falsa expectativa que o portal puidese producirlle durante a súa navegación polo mesmo.

O portal inclúe, dentro dos seus contidos, enlaces pertencentes a terceiros, co único obxecto de facilitar o acceso á información dispoñible a través de internet, sen asumir CIDE HCENERGIA ningunha responsabilidade derivada da existencia dos mesmos.

Xurisdición e lexislación aplicable

As presentes Condicións Xerais de Uso rexeranse pola lexislación española.

Para cantas cuestións puidesen suscitarse en relación cos contidos do sitio web e sobre a aplicación e cumprimento do aquí establecido, CIDE HCENERGÍA e o usuario sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do Usuario. No caso de que o Usuario tivese o seu domicilio fóra do territorio español, CIDE HCENERGÍA e o Usuario sométense, con renuncia ao foro que puidese corresponderlles, aos xulgados e tribunais de Madrid.

Google Analytics

A nosa páxina web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos ("Google"). Google Analytics utiliza rastros, que son arquivos de texto situados no seu computador, para axudar o sitio web a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web.

A información que xera o rastro sobre o seu uso do sitio web (incluíndo o seu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores dos Estados Unidos. Google usará esta información por conta nosa, co propósito de seguir a pista do seu uso do sitio web, recompilando informes da actividade do sitio web e prestando outros servizos relacionados coa actividade do sitio web e o uso de Internet. Google poderá transmitir esa información a terceiros cando así llo esixa a lexislación ou cando estes terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do cal dispoña Google.

Vostede pode rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o uso de rastros mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador; con todo, debe vostede saber que, se o fai, pode ser que non poida usar a este sitio en plenitude de funcións. Ao utilizar este sitio web, está a consentir o tratamento de información que faga Google verbo da súa persoa, na forma e para os fins anteriormente indicados.

Fin do contido principal